|
![]() |
|||
|
||||
OverviewBaixo o título a Ágora do aletófilo recompílanse un feixe de artigos que foron aparecendo nos xornais Praza.com ou no suplemento A Comarca do Morrazo que edita o Diario de Pontevedra. Ademais inclúe outros documentos que polo seu interese tamén foron recollidos neste volume. Son textos do máis variado pero que tamén poden ser de interese ou cando menos curiosos para o lector. Atoparán os lectores un discurso pronunciado na primeira edición do Día da Muller Traballadora organizado polo CIM do Concello de Bueu, dúas conferencias, un artigo publicado na Voz de Galicia co gallo da publicación da obra Grupo Abeliano na Biblioteca Galega 120 e o texto que foi premiado no Certame organizado polo Concello de Bueu co gallo do Entroido de 2004 e finalmente o texto editado polo Concello de Bueu co gallo da celebración do Premio Blanco Amor no concello morracense. Para os que se sigan preguntando por que este título, a resposta é doada porque a Ágora era o espazo da sociedade grega para o debate e que mellor que este para espertar as conciencias dos letores e o aletófilo é un termo acuñado por Martiño Sarmiento que significa persoa preocupada polo estudo da súa terra e neles trato de transmitir as miñas inquedanzas e visión persoal sobre temas e acontecementos do momento. Así pois esta recompilación de textos poden ser un bo comezo para reflexionar sobre acontecementos sucedidos tanto a nivel local como máis alá das fronteiras do Morrazo. Non buscan en ningún momento convencer nin impoñer unha idea máis ben invitar case dez anos despois da súa publicación sobre aconteceres que algúns aínda seguen de actualidade e outros que non estando poder ser un bo exercicio lembralos. Full Product DetailsAuthor: Manuel Antón Mosteiro GarcíaPublisher: Independently Published Imprint: Independently Published Dimensions: Width: 15.20cm , Height: 0.90cm , Length: 22.90cm Weight: 0.227kg ISBN: 9798501086050Pages: 148 Publication Date: 01 July 2021 Audience: General/trade , General Format: Paperback Publisher's Status: Active Availability: Available To Order ![]() We have confirmation that this item is in stock with the supplier. It will be ordered in for you and dispatched immediately. Language: Galician Table of ContentsReviewsAuthor InformationTab Content 6Author Website:Countries AvailableAll regions |